Archivo de la categoría: Portada

II CONCURSO FOTOGRÁFICO

“OUTRA PANIFICADORA É POSIBLE”
II Concurso fotográfico sobre La Panificadora

II CONCURSO DE FOTOGRÁFICO “OUTRA PANIFICADORA E POSIBLE”

Participantes:
Parellas de alumnas e alumnos dos niveis educativos de Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de centros públicos e concertados.

Temática:
Arquitectura industrial: A PANIFICADORA

Bases:
Técnica e estilo libre
As imaxes serán enviadas en arquivos dixitais jpg, cun peso máximo de 10 Mb, á dirección de:
info@outrovigo.com

As fotografías deberán ir acompañadas dun documento de texto coa seguinte información:
• Título e data da toma da fotografía
• Datos dos concursantes
• Foto da parella concursante
• Breve comentario de estilo libre de 100 palabras como máximo, sobre o tema e a foto

Premios:
Dous premios por cada nivel educativo, consistentes en:
• Unha cámara dixital compacta para as persoas autoras das fotos premiadas
• Realización de un obradoiro de fotografía dixital sobre manexo da cámara e aspectos básicos da técnica fotográfica.

Formación do xurado:
• Membros de Outrovigo
• Un membro de FOANPAS
• O Profesor do obradoiro

O xurado descartará as fotos que non reúnan un mínimo de calidade ou que puideran resultar agresivas u ofensivas aos protagonistas delas.

Dereitos: Reserváranse os dereitos das foto gañadoras; en ningún caso reserváranse os dereitos do resto de fotos presentadas ao concurso.

O envío realizarase a partir do 1 de marzo ata o 1 de outubro .
A resolución do concurso e a data e lugar de entrega comunicarase o 15 de outubro de 2014

II CONCURSO FOTOGRÁFICO “OUTRA PANIFICADORA E POSIBLE”

II CONCURSO DE FOTOGRÁFICO “OUTRA PANIFICADORA E POSIBLE”

Participantes:
Parellas de alumnas e alumnos dos niveis educativos de Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de centros públicos e concertados.

Temática:
Arquitectura industrial: A PANIFICADORA

Bases:
Técnica e estilo libre
As imaxes serán enviadas en arquivos dixitais jpg, cun peso máximo de 10 Mb, á dirección de:
info@outrovigo.com

As fotografías deberán ir acompañadas dun documento de texto coa seguinte información:
• Título e data da toma da fotografía
• Datos dos concursantes
• Foto da parella concursante
• Breve comentario de estilo libre de 100 palabras como máximo, sobre o tema e a foto

Premios:
Dous premios por cada nivel educativo, consistentes en:
• Unha cámara dixital compacta para as persoas autoras das fotos premiadas
• Realización de un obradoiro de fotografía dixital sobre manexo da cámara e aspectos básicos da técnica fotográfica.

Formación do xurado:
• Membros de Outrovigo
• Un membro de FOANPAS
• O Profesor do obradoiro

O xurado descartará as fotos que non reúnan un mínimo de calidade ou que puideran resultar agresivas u ofensivas aos protagonistas delas.

Dereitos: Reserváranse os dereitos das foto gañadoras; en ningún caso reserváranse os dereitos do resto de fotos presentadas ao concurso.

O envío realizarase a partir do 1 de marzo ata o 1 de outubro .
A resolución do concurso e a data e lugar de entrega comunicarase o 15 de outubro de 2014

FOTO 1 CONCURSO EL VIGILANTE DE LA PANIFICADORA

Documentos OVEP

DECLARACIÓN FUNDACIONAL
A historia recente do mundo occidental está marcada polo feito de que cidadás e cidadáns veñen reclamando o seu dereito a intervir na res publica como parte esencial das actividades e as relacións que se establecen no escenario social. Con esa participación convértense en protagonistas da evolución e do desenvolvemento do seu propio espazo vital.

Neste senso, trala publicación de diversas directrices comunitarias, a Unión Europea ten impulsado o “Grupo de Cidades Europeas cara á Sustentabilidade”, que redactou en 1994 a “Carta de Aalborg”. Nela propúgnase a creación dun modelo de comunidade urbana sostible mediante un proceso participativo que inclúa a tódolos sectores sociais desa comunidade. En sintonía con eses principios tratamos de estimular a intervención democrática da cidadanía co obxectivo de superar actitudes pasivas de simple observación e que se esgotan na mera avaliación electoral da xestión municipal.

Vigo. Un modelo de crecemento especulativo.

Somos conscientes da preocupación maioritaria que se manifesta na opinión pública respecto do futuro da cidade e que parece coincidir nun diagnostico: Vigo atravesa un momento delicado e decisivo na súa historia. Un momento no que se pretende configurar as bases xerais do modelo de crecemento urbano sobre as que construír o Vigo do século XXI.

Ó longo da súa historia, Vigo viviu diferentes etapas nas que se deron as condicións para construír unha cidade equilibrada que dera satisfacción a tódalas necesidades dos seus sectores sociais. Nembargantes, o seu modelo de crecemento estivo sometido á dinámica que establecía a relación de forzas entre as minorías sociais que tiñan o poder de decidir o modelo de cidade: dun lado, os proxectos de racionalización e planificación urbanística que, nalgúns momentos, emanaban dos técnicos e da xestión municipal; doutro lado, os intereses privados das elites locais. A confrontación entre os proxectos que emerxeron desa contradicción e a falta dun encontro integrador daría lugar á caótica cidade en que Vigo se converteu e ás numerosas deficiencias estructurais que limitan actualmente a calidade de vida cidadá.

Un percorrido pola tortuosa historia urbanística de Vigo é a mellor proba. Así ocorreu durante a etapa da Restauración (1890-1925); tamén durante a fase do desenvolvementismo entre 1960 e 1974 e por último nas pasadas décadas dos anos 1980 e 1990. Neses momentos históricos, os intereses de constructores, promotores e demais grupos sociais que se benefician do incremento das plusvalías urbanas, impuxeron o modelo de cidade que hoxe padecemos, mentres os xestores municipais eran incapaces de marcar outra dinámica e a cidadanía, afastada das decisións finais, permanecía á marxe do debate e asistía pasivamente ó deterioro da cidade.

A realidade actual, a comezos do século XXI, é a dunha cidade sen unha estructura espacial definida, absolutamente desarticulada e sen relación equilibrada entre o centro e a periferia; caótica na súa forma, distribución de rúas e alturas, sen a menor relación entre a densidade demográfica, os espazos de sociabilidade e as zonas verdes; coas vías internas e externas colapsadas pola desorde e a falla de planificación e cuns servizos sanitarios, educativos, culturais ou deportivos globalmente insuficientes; co seu patrimonio histórico destruído ou desatendido e co seu ecosistema gravemente deteriorado.

Outro modelo de cidade é posible. Outro Vigo é posible

As directrices europeas sobre sostebilidade que recolle a Carta de Aalborg e que emanan do Cume de Río obrigan ás administracións municipais e ós axentes sociais que promoven a transformación do espazo urbano a respectar e defender un modelo sostible.

Na actual conxuntura histórica estanse a definir os parámetros e os principios xerais sobre os que se asentará o Vigo do futuro. É unha nova oportunidade para configurar un modelo de cidade pensado globalmente e dende os intereses colectivos da cidadanía. A situación na que se atopa a cidade require dun debate pausado, rigoroso, no que por primeira vez eses intereses se antepoñan e poidan confluír, nun plano de igualdade, cos tamén lexítimos intereses privados.

A cidade aínda pode desenvolverse a partir do espazo público. Vigo debe e pode converterse nun proxecto común: unha cidade dotada dun urbanismo non agresivo, relacionada, aberta e respectuosa co seu ecosistema, educadora, solidaria, potenciadora da cultura, integradora e sen barreiras arquitectónicas nin sociais. Racionalmente deseñada, que combine o local e o global, que se achegue o máis posible ós parámetros definidores dunha alta calidade de vida. Unha cidade recoñecible na súa memoria histórica, que sexa capaz de recuperar, conservar e difundir o seu patrimonio. Unha cidade que democratice o espacio, construída á medida das persoas, que poida compatibilizar a gran diversidade do seu desenvolvemento industrial cunha estructuración harmónica e equilibrada do espacio. Unha cidade, en definitiva, sostible, unha cidade habitable e na que nos guste vivir.

Outrovigoeposible

Ata hoxe, un dos trazos que caracterizaron a vida municipal foi a desarticulación intelectual e social da cidade. Os sectores con capacidade para xerar opinión e contribuír intelectualmente á conformación da cidadanía mantivéronse no ámbito da súa vida privada e permaneceron, na súa maior parte, á marxe dos debates e da participación directa nos asuntos da polis. E estes quedaron baixo o control e o monopolio dos axentes sociais, técnicos, mediáticos e políticos interesados en desenvolver un determinado modelo de crecemento urbano que, en consecuencia, quedou sometido ós intereses privados dominantes en cada momento da nosa historia. Hoxe, nos albores do século XXI, unha vez máis atopámonos nunha encrucillada histórica e nun contexto no que se require da participación directa da cidadanía. Non podemos, nesta ocasión, automarxinarnos do debate e de influír nel. O futuro da cidade e a calidade de vida colectiva están en xogo.

Por todo isto conformamos a Asociación Outrovigoeposible, como un foro aberto e plural que recolla as diferentes sensibilidades de pensamento que existen en Vigo e a súa área metropolitana. Que ten como referente fundamental un compromiso real coa defensa dos principios de sostebilidade que emanan do Cume de Río e das restantes directrices europeas sobre o crecemento urbano. En definitiva, un espazo cívico de encontro, debate e intercambio de información que interveña na elaboración de propostas concretas que contribúan a integrar a Vigo na Rede de Cidades Europeas Sostibles.

Queremos contribuír á formación dunha nova cultura urbana, dunha opinión pública participativa e socialmente dinámica, que se comprometa activamente coa cidade, que aporte ideas e interrogue ó poder político e ós sectores sociais, que non delegue as súas responsabilidades no poder municipal, senón que camiñe xunto ás súas institucións cara o mesmo obxectivo, un Vigo sostible, respectuoso co medio ambiente e co seu patrimonio histórico, coas súas culturas e coa calidade de vida da súa xente, que facilite a identificación e compromiso da cidadanía coa súa cidade.

Por todo isto, chamamos a tódalas persoas que crean que outro Vigo é posible a formar parte deste proxecto de responsabilidade e participación, co exclusivo referente da defensa dos principios que contemplan os seus Estatutos e os que se derivan da súa Carta fundacional.

Vigo 17 junio 2004