Casco Vello

O Casco Vello de Vigo ten sufrido unha progresiva degradación urbana, social e económica, caracterizada polo grave deterioro e ruina do seu caserío e espacio público, o valeiramento residencial e expulsión da súa poboación propia, o declive da súa actividade económica tradicional e finalmente as tensións contradictorias cara a terciarización, a xentrificación e a guetización. Esta degradación prodúcese ata a crítica situación actual, sen que os poderes públicos actuasen convenientemente para impedila ou dispoñer de mecanismos de corrección e compensación adecuados.

Documento Base Casco Vello OVEP

 

RECUPERACIÓN DO CASCO VELLO
O Casco Vello é un ben cultural e identitario para todas as persoas viguesas.

A cidadanía constata unha falla de planificación global de obxectivos para a recuperación de todo o Casco Vello e, en algunhas zonas do Centro, un estado de deterioro permanente que require unha intervención urxente por parte do Concello.
Polo tanto, é imprescindible que a Institución Municipal aborde:

1. Redacción dun Plan integral de rexeneración do barrio con proxectos claros e coordinados, asignación de recursos económicos e humanos e o establecemento de prazos
de execución. Este plan debe abarcar os seguintes apartados:

1.1. Coordinación das accións levadas a cabo por todos os organismos que interveñen no Casco Vello.
1.2. Garantir a conservación do patrimonio cultural representado polo conxunto de vivendas, prazas e rúas.
1.3. Outorgar prioridade á recuperación de poboación para evitar a “terciarización” do barrio a través de:
1.3.1. Plans para fixar a poboación tradicional que evite unha gentrificación .
1.3.2. Rehabilitación pública de vivendas para venta, aluguer e aluguer con opción a compra de diferentes prezos e diferentes rendas.
1.3.3. Apoio e subvención á rehabilitación privada.
1.3.4. Esixir a rehabilitación inmediata de todas as vivendas en ruínas. O estado actual provoca rexeitamento e dificulta a atracción de nova poboación.
1.4. Atracción de equipamento social, administrativo, deportivo e cultural. (Biblioteca Estatal na Panificadora , UNED, etc.).
1.5. Plan de financiamento público e privado das distintas actuacións. Atracción de actividade empresarial á zona para diversificar os usos.
1.6. Plan para xerar comercio e restauración en todas as zonas do Casco Vello que o necesiten. É importante promover o comercio de proximidade.
1.7. Creación de prazas e espazos públicos de encontro cidadán. Mellora e mantemento domobiliario urbano.
1.8. Plan de mobilidade, accesibilidade e aparcamento que faga compatible apeonalización e o disfrute da cidade coa localización dos vehículos. Executar os proxectos de accesibilidade ás partes altas do Casco Vello.
1.9. Planificación temporal e xerarquizada de todas as actuacións.

2. Saneamento inmediato de zonas especialmente degradadas control do tráfico de
drogas.

OUTROVIGOEPOSIBLE
www.outovigo.com
Vigo, outubre 2011

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *